jueves, 29 de enero de 2015

martes, 13 de enero de 2015

OS CONTACONTOS NA RESIDENCIA DA 3ª IDADE

Os nosos alumnos bibliotecarios desprazáronse ata a Residencia da 3ª idade para pasar un rato cos nosos maiores, levarlles as pastas que fixemos nos Obradoiros de Cociña; e, de paso, contarlles un conto. 
Para finalizar, a Aula i9 Band, ofreceu un pequeño concertó.


BIBLIOFESTA´14

Un ano máis, achégase o final do primeiro trimestre, e, como xa é tradición, celebramos a nosa Semana Cultural, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Un dos proyectos que poñemos en práctica os últimos anos é a Bibliofesta, un pequeno acto centrado na biblioteca escolar, nas actividades realizadas e nas que están por vir; ao que soen acudir un bo número de país e nais ; e no que os alumnos bibliotecarios exercen de anfitrións.

Disfrutade coa reportaxe!!!


OBRADOIROS DE IGUALDADE

O pasado mes de decembro tivemos a sorte de organizar uns obradoiros sobre igualdade de xenero. Aínda que a actividade principal levouse a cabo na biblioteca escolar; nos corredoiros de entrada colgáronse unha serie de lenzos e cartaces con imaxes que representaban os diferentes tipos de violencia de xénero; e que foron doados polos seus creadores para a realización deste obradoiro a nivel Galicia. 
Todo un luxo para o nodo centro!!!